Rutas arqueolóxicas


Os xacementos visitables están a distancias variables do Miradoiro do Viso (Alto de San Antoniño), punto de partida das rutas arqueolóxicas. Polo que propoñemos catro rutas posibles dependendo da dispoñibilidade temporal e física.  Son todos percorridos de fácil execución. A única dificultade media-baixa é unha subida, por pista, ao xacemento do Facho.

Petróglifo do Sobral (Arte rupestre de Galicia)
Ruta 1: é a máis curta, a uns metros do mirador co obxecto de visitar o petróglifo do Sobral. Unha rocha que sobresae do terreo e contén gravados prehistóricos, tanto motivos abstracto como figuras de zoomorfos.
Chans altas dos montes de Couso con vistas ao Val Miñor e a Serra do Galiñeiro.
Ruta 2: continúa a anterior cara o Castro do Facho, un xacemento arqueolóxico da Idade de Ferro, de máis de 2000 anos de antigüidade, de seguro un lugar de vivenda no que atoparedes un cartel explicativo e dúas mesas con fotografías de paisaxe con indicación toponímica. O ascenso ao castro pode levar entre 20 e 30 minutos.
Reconstrución dunha mámoa  
Ruta 3: lévanos polas chan altas de Couso, comparte cos veciños de Malvas (Tui) e percorre unha necrópole tumular, un campo de mámoas que son enterramentos de entre 4000 e 6500 anos. A dificultade é baixa é dunhas 2 horas.
Petróglifo As Portaxes (Eco-Parque do Monte Tetón)
Ruta 4: ofrece a posibilidade de continuar cara as mámoas de Malvas e baixar aos petróglifos dos montes de Tebra (concello de Tomiño), entre os que se atopan as maiores concentracións de circos concéntricos do mundo. O tempo variará entre 3 e 4 horas.